“Impulso
de medidas dirixidas a mellorar a situación
da muller no deporte”
Resultan evidentes os
avances sociais das mulleres en todos os ámbitos, pero a pesar da
aparente igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, existen
aínda obstáculos que dificultan a igualdade efectiva. O deporte,
como actividade plenamente integrada na nosa sociedade, non é alleo
a esta realidade.
A incorporación das
mulleres ao deporte a nivel internacional e nacional, foi un proceso
lento e custoso que aínda nos nosos días non está plenamente
consolidado, en moitos casos, segue sendo un ámbito limitado á
muller e xa non só a nivel de práctica ou de participación en
competicións, senón tamén de representatividade nas diferentes
estruturas deportivas, visibilización nos medios de comunicación,
etc.
Por todo o anterior, o
Grupo Municipal do Partido Popular no concello de O Barco propón a
adopción do seguinte acordo:
- Fomentar, en todas as idades, a participación feminina nas actividades deportivas do concello para impedir o seu abandono nas idades máis novas, incorporando o principio de igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no seu deseño e execución.
- Instar á Xunta de Galicia a:
a)Elaborar un Protocolo
para a prevención, detección e actuación fronte ao acoso e abuso
sexual no deporte.
b)Establecer un marco de
colaboración institucional en materia deportiva que vele pola
Igualdade de trato e non discriminación da muller, así como a
promoción do deporte feminino nos distintos concellos galegos.
c)Promover a
visibilización do deporte feminino, impulsando campañas de
sensibilización e promoción, eliminando os estereotipos en
colaboración coa FEGAMP.
(Moción rexeitada polo goberno municipal)
(Moción rexeitada polo goberno municipal)
No hay comentarios:
Publicar un comentario