Francisco
Conde adiantoulle ao deputado valdeorrés que mañá sairá publicada
no DOG unha nova edición do Plan Renove de Lousa, dotada con 200.000
euros
- Na reunión tamén se tratou o impulso á internacionalización do sector e as medidas contra o po de sílice
Santiago,
12 de marzo de 2015.-
O deputado
do Grupo Popular Moisés Blanco mantivo un encontro co conselleiro de
Economía e Industria, Francisco Conde, no que se interesou por
distintos temas de interese para a comarca valdeorresa, con especial
atención ao sector da lousa do que dependen laboralmente moitas
familias desta zona.
Neste
sentido, o conselleiro adiantoulle ao deputado popular que mañá
sairá no Diario Oficial de Galicia unha nova edición do Plan
Renove de Lousa, que mantén unha dotación de 200.000 euros para
impulsar a renovación de cubertas de edificios de vivendas
empregando este material. Contribúese así á dinamización deste
sector tan importante para a comarca de Valdeorras, impulsando a
industria da construción a través do incremento da demanda e a
instalación de lousa.
BEN
ACOLLIDO POLO SECTOR
Moisés
Blanco salientou a importancia da renovación deste plan “que
sempre foi ben acollido polo sector dos colocadores de lousa e que
agora poderán volver a beneficiarse do impulso que estas axudas
supoñen para a realización de obras de mellora nas cubertas en toda
Galicia”.
Ademais,
na reunión abordáronse as posibilidades que ofrecen ao sector as
liñas de apoio do Igape, de xeito especial no ámbito da
internacionalización. Neste sentido, o conselleiro informou a Blanco
de que a pedra natural centrará un dos plans operativos sectoriais
específicos para as áreas estratéxicas da economía galega que se
vai poñer en marcha no marco da Estratexia de Internacionalización
da Empresa Galega 2020 que a Xunta vén de activar.
PROMOCIÓN
E INTERNACIONALIZACIÓN
O
deputado popular trasladoulle ao conselleiro “a importancia de
poñer en marcha medidas para axudar á promoción e
internacionalización deste sector, de xeito que poida mellorar a súa
competitividade e unha maior cota de mercado”
Do
mesmo xeito, Moisés Blanco e Francisco Conde trataron as diferentes
actuacións que se están a impulsar desde a Consellería en
colaboración co sector para a mellora das condicións dos
traballadores reducindo a súa exposición ao po de sílice,
procurando medidas de prevención para a eliminación dos riscos
mediante novas tecnoloxías, mellorando as xa existentes e
introducindo cambios nos procesos produtivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario