“PROXECTO
PARA A CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS ENTRE VEIGAMUÍÑOS-A PROBA”
A
estrada OU-0851, que une os núcleos poboacionais de Veigamuíños e
a Proba, é unha vía de comunicación cada vez máis concorrida,
tanto por vehículos como por peóns. A proximidade de novas
vivendas, centros comerciais, fincas ou viñedos, así como a
posibilidade de realizar un agradable paseo, que ademais enlaza con
outras rutas moi frecuentadas por camiñantes, fai que sexa necesario
extremar todas as medidas de seguridade.
Deste
xeito, desde o Grupo Popular consideramos que a construción de
beirarrúas ao longo dos 905 metros que comunican as dúas
localidades sería unha resposta axeitada para que o uso de esta
estrada resulte o máis seguro posible, tanto para vehículos coma
peóns.
Tendo
en conta que a Deputación Provincial de Ourense é a institución
que ten a titularidade desta estrada o noso grupo propón ao Pleno da
Corporación Municipal a adopción do seguinte acordo:
-
O Concello de O Barco insta a Deputación Provincial de Ourense para
que, a maior brevidade posible, redacte e execute un proxecto para a
“construción de beirarrúas na estrada OU-0851 entre os núcleos
poboacionais de Veigamuíños e A Pobra”, pertencentes ó término
municipal de O Barco de Valdeorras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario