- Moisés Blanco lembra que “no mes de maio o alcalde comprometérase a revisar a taxa en decembro, cando se descoñecía a rebaixa que aplicaría Sogama, e agora négase tras falar de éxito na campaña de reciclaxe”
- Moitos concellos de España, de Galicia e mesmo da provincia, como Verín ou Xinzo, aplicaron rebaixas das súas taxas aplicando a porcentaxe negativa do IPC, algo que no Barco soamente se realiza se é positivo e polo tanto supón a subida de impostos
- SOGAMA aplicará unha rebaixa do 10 por cento no canon que cobra os concellos, e o lóxico sería que O Barco establecese a mesma rebaixa nos recibos
O
Barco de Valdeorras, 19 de novembro de 2014.- O portavoz do PP de
O Barco, Moisés Blanco Paradelo,
manifestou esta mañá que na Comisión de Medio Ambiente que se
celebrou no día de onte, o grupo popular volveu a solicitarlle ao
goberno municipal a rebaixa do
recibo da taxa de recollida do lixo que terán que pagar os veciños
e veciñas para o ano 2015.
Esta
nova solicitude chega despois de que o grupo de goberno rexeitase
unha moción que presentaran os populares barquenses no debate do
pleno municipal celebrado o pasado 6 de novembro.
Moisés
Blanco lembra que “no mes de maio o alcalde comprometérase a
revisar a taxa en decembro, cando se descoñecía a rebaixa que
aplicaría Sogama, e agora négase a facelo, tras falar de éxito na
campaña de reciclaxe”.
O
Portavoz popular afirma que “estamos convencidos de que, logo da
redución do canon que Sogama lle cobra aos concellos, a rebaixa da
taxa do lixo é algo xusto e razoable, tendo en conta, ademais, que o
IPC segue sendo negativo e polo tanto, conxelando as taxas como
pretende o alcalde, os barquenses pagarán máis impostos municipais
para o ano 2015”.
Engade
Blanco Paradelo, que “moitos concellos de España, de Galicia e
mesmo da provincia, como Verín ou Xinzo, aplicaron rebaixas das súas
taxas aplicando a porcentaxe negativa do IPC, algo que no Barco
soamente se realiza se é positivo e polo tanto supón a subida de
impostos para os veciños e veciñas”.
NOVA
SOLICITUDE NA COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE
Por
iso o grupo popular volveu a insistir na Comisión de Medio Ambiente
que se celebrou onte no concello. Carlos Javier Crespo, edil popular
responsable da área de medio ambiente lembrou que “o Consello de
Administración de Sogama acordou unha rebaixa do 10 por cento no
canon que cobra aos 296 concellos adheridos, que terá efecto a
partir do vindeiro mes de xaneiro”.
O
concelleiro popular recordou que desde o pasado mes de xullo, os
veciños e veciñas de O Barco pasaron a pagar máis polo recibo do
lixo, logo de que o goberno deste Concello, tras iniciar unha campaña
de reciclaxe e anunciar incluso posibles rebaixas si se cumprían as
súas previsións, acordara unha suba desta taxa no pleno de maio.
Carlos Javier Crespo, manifestou que “resulta totalmente contraditorio que despois de que o propio alcalde lle dixera aos barquenses que si reciclaban ben non faría falta subir o recibo do lixo e mesmo se podería efectuar unha rebaixa da taxa, o mesmo tempo desde o Concello se presuma de éxito na reciclaxe e, logo da rebaixa de Sogama, se neguen a baixala”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario