- A concelleira popular, Manuela Rodríguez, esixe explicacións ao Concelleiro de Cultura, Eduardo Ojea, quen volveu a amosar que non ten ningún plan alternativo
- Os populares consideran que o Grupo de Goberno está máis preocupado por cubrir outros postos de traballo, con fines máis electoralistas, e non para prestar os servizos públicos necesarios
- O Concello ten descoidado aos máis pequenos, con poucas actividades culturais, así como na proxección de películas infantís, que cada vez son máis escasas.
O Barco de
Valdeorras.- 11 de novembro de 2014.
A
Concelleira do Grupo Municipal Popular, responsable da área de
cultura, Manuela Rodríguez, criticou que novamente o servizo público
da Biblioteca volva a estar pechado polas mañás.
Manuela Rodríguez,
pregúntase “como pode estar un edificio público como a
biblioteca pechada polas mañás, que é cando máis xente se está
formando, e máis se necesita de este servizo debido ao aumento de
formacións en mozos e adultos”.
Así mesmo, a
concelleira sinala que se encontran actualmente dous traballadores do
Concello en baixa laboral, e os seus servizos prestados non son
substituídos por ningún outro persoal de traballo do Concello,
escusándose tanto o Alcalde como o Concelleiro de Cultura, coa
Deputación de Ourense e máis a Xunta de Galicia, cando “o
verdadeiro motivo é a insuficiente planificación e a mala xestión
da que ten por costume presumir o Grupo de Goberno, mentres as
veciñas e veciños non dispoñen do servizo.
Os populares barquenses consideran que o Grupo de Goberno está máis preocupado por cubrir outros postos de traballo, con fines máis electoralistas, e non para prestar os servizos públicos necesarios.
ACTIVIDADES PARA OS
MÁIS PEQUENOS
Manuel Rodríguez tamén
lembrou que este Concello ten descoidado aos máis pequenos, con moi
poucas actividades culturais. Como exemplo destaca as escasas
proxección de películas infantís ou outro tipo de representacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario