21 oct. 2014

OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2015 CONTEMPLAN UNHA PARTIDA PARA O TAC DO HOSPITAL DE VALDEORRAS


  • A provincia de Ourense ten consignados 216.443.113,37 € 4,4 millóns máis que no pasado exercicio e convertíndose na segunda provincia galega con maior inversión por habitante (673€/hab). 
  • Presidencia (18,6 millóns de euros), Territorio e Infraestruturas (65,4 millóns de euros), Sanidade (22 millóns de euros) e a Consellería do Medio Rural (63 millóns de euros), Educación (10,1 millóns de euros), Economía e Industria (20,7 millóns de euros) supoñen os organismos máis inversores na provincia. 
  • Seguirase a traballar na renovación tecnolóxica para dispor dun equipamento tecnolóxico moderno, axeitado ás necesidades as necesidades asistenciais actuais e de futuro. Para elo se dotan un total de 3.678.835€, adicados ao TAC do Hospital do Barco de Valdeorras e outro equipo de resonancia magnética para o CHOU.

Ourense, 21 de outubro de 2014.- O Partido Popular de Ourense, tralo análise dos Orzamentos da Xunta de Galicia consignados para o vindeiros ano 2015 para a provincia, destaca que estos acadan un importante esforzo investidor, sendo unhas contas realistas e responsables, perfectamente axustadas á situación e que apostan claramente pola solvencia económica, co reforzo claro que precisa e demanda a provincia de Ourense. Así o puxeron hoxe de manifesto os parlamentarios do PPOU –Cristina Romero, Moisés Blanco, Enrique Nóvoa, Antonio Mouriño e Marta Rodríguez-Vispo- en rolda de prensa, que destacaron que estes orzamentos supoñen "o xiro económico de Galicia", sendo os primeiros que aumentan dende o ano 2009 (un 0,5% máis).


Deste xeito, a provincia de Ourense percibirá o vindeiro ano actuacións do Executivo Galego por valor de 216.443.113,37 € 4,4 millóns máis que no pasado exercicio (212.043.825 euros). Convértese así na segunda provincia de Galicia no que respecta a investimento por habitante (673 euros), só superada por Lugo, con 732€/habitante. Pontevedra e A Coruña perciben 396 e 401 euros, respectivamente.

A portavoz do PPOU e parlamentaria autonómica, Cristina Romero Fernández, calificou os Orzamentos 2015 como “rigurosos co teito de gasto, realistas coa situación actual e prudentes nas súas previsións)

Dentro das consignacións orzamentarias provinciais, sobresaen as correspondentes Presidencia (18,6 millóns de euros), Sanidade (22 millóns de euros) e a Consellería do Medio Rural (63 millóns de euros), Educación (10,1 millóns de euros), Economía e Industria (20,7 millóns de euros) Asemade, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aumenta nun 5% o seu orzamento para a provincia con respecto ao ano 2014, alcanzando os 65,47 millóns de euros. En materia de estradas, por exemplo, duplícase a partida para mantemento de viais (11,14 millóns de euros frente aos 6,10 millóns de 2014) e se inclúe unha partida de 0,24 millóns de euros para a conexión da A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. No tocante a Augas de Galicia, a inversión total pasada de 7,03 millóns de euros a 10,28 millóns de euros. Aquí sobresae a dotación do convenio EDAR de Reza en Ourense (4,73 millóns fronte aos 3,32 do pasado exercicio), e obras de mellora de saneamento e abastecemento en San Cibrao, Verín, A Rúa, Larouco, Xinzo, Cenlle, San Amaro e Punxín.

No que respecta a Vivenda e Solo, dos 14,86 millóns consignados para 2015, destacan 2,59 millóns en axudas á rehabilitación; 1,10 millóns para construcción e urbanización de VPP en Vilamarín e Ourense; ou 1,27 millóns para axudas de alugueiro. Como novidade este ano, se dotan partidas para a mellora de puntos limpos e clausura de vertedoiros de residuos da construcción (0,6 millóns) e de vertidos inconstrolados (0,42 millóns). Tamén se adicará este ano medio millón de euros á conservación e protección da Biodiversidade da Rede Natura 2000 e outros proxectos medioambientais. E, por último, dótase con 0,25 millóns de euros o Plan de Transporte Metropolitano de Ourense.


No tocante á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (18,6 millóns de euros), sobresaen: Obra nova por mandato da SPI para o edificio xudicial de Ourense (4.753.000 €); Infraestruturas e equipamento nos servizos de emerxencia e protección civil (1.421.875 €); Servizo de emerxencia contra incendios e salvamento (545.036,59€); para Turismo 3.205.670€; Fomento da modernización e innovación tecnolóxica (2.057.308€); Administración Dixital (2.864.698€); Desenvolvementos das TICS nos sectores tractores (1.968.475€); Modernización das redes do sector Público Autonómico (1.963.633€); e Modernización tecnolóxica da Xustiza cun millón de euros.


Con respecto á Consellería de Sanidade, continuarase coa construción do novo edificio de hospitalización do CHOU para o que se dotan 22 millóns de euros no Orzamento do ano 2015.

  1. Plan Director de Ourense 13.212.044
  2. Proxecto Hospital 2050 8.854.430

Seguirase a traballar na renovación tecnolóxica para dispor dun equipamento tecnolóxico moderno, axeitado ás necesidades as necesidades asistenciais actuais e de futuro. Para elo se dotan un total de 3.678.835€, adicados ao TAC do Hospital do Barco de Valdeorras e outro equipo de resonancia magnética para o CHOU.


Destacar tamén a partida de 1.456.000€ para o programa de vacinacións e 260.000€ en equipamentos informáticos de saúde pública.


Polo que respecta as actuacións de impulso económico na provincia de Ourense realizadas no 2014 e as que se van a levar acabo no ano 2015 polo Servizo Galego de Saúde:

1.- Púxose en funcionamento o centro de saúde da Peroxa.
2.- Iniciarase a obra de 3 centros de saúde nos municipios de Barbadás, Pontedeva e O Couto en Ourense
2.- Púxose en funcionamento a central de chamadas para todo o sistema sanitario galego situada en Ourense.
3.- Adxudicouse a obra de hospitalización e o contrato de xestión de servizos ligados á infraestrutura do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e continuarase coa obra en 2015.
4.- Poñerase en marcha un innovador sistema de xestión integral da enerxía que inclúe a utilización de enerxías renovables, e unha caldeira de biomasa, o que, como se indicou anteriormente, permitirá crear emprego no rural e mellorar a xestión dos montes.
A Consellería de Medio Rural (63 millóns de euros), centrarase en: Aluguer de medios aereos de extinción (2.925.000€); Convenios cos concellos en defensa contra incendios (4.825.500€); Adquisición vehículos de defensa contra incendios forestais (3 millóns de euros); Máis de 4 millóns de euros para Prevención Incendios. De feito, na loita contra os incendios o montante total supera os 12 millóns de euros. Axudas á mellora da eficacia e sostenibilidade de explotacións agrarias (2.435.000€); Axudas á incorporación de novos activos agrarios (1.620.000€); Melloras das estruturas agrarias (3.177.000€); Primas gandeiras (6.398.000€); Apoio á industrialización e á comercialización do sector do viño (4.440.000€); Axudas á forestación de terras non agrícolas (2.513.635€); Accións silvicolas de valoracións de masas forestais (1.170.750€); Axudas en zonas especiais red rural nacional (1.380.000€); O sector do viño conta con varias partidas cun total de (2.125.000€), ás que se lle suman as axudas para industrialización e comercialización antes mencionadas (4,44 millóns de euros), sendo máis de 6,5 millóns as partidas para o sector..


Pola súa banda, a Consellería de Economía e Industria (20,7 millóns), destinará partidas a: Axudas ao proxecto de Biomasa (3 millóns de euros); 1.095.000€ para o Parque Tecnolóxico de Galicia; 3.951.000€ para investigación e desenvolvemento en empresas; Actuacións proxecto E21 (1.312.500€); e 1.200.000€ para proxectos de Innovación en empresas.

Na area de Comercio dotase con 3.786.475€ para Modernización emprendemento e innovación; para mercados e prazas de abastos, e promoción e comercialización da Artesanía de Galicia. Tamén se consignan Axudas ao Investimento Empresarial (Galicia inviste2015) 948.000€, así como case un millón de euros en diferentes Plans Renove e 700.000€ en diferentes axudas á internacionalización.


Por último, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (10,1 millóns de euros), adicará 2.245.719€ en axudas á adquisición de libros de texto e material escolar.


Con 2.417.708€ na mellora da calidade e a competitividade da produción científica no S.U.G. 1.445.000€ en reformas ampliacións e melloras nas diferentes ensinanzas (infantil, primaria, secundaria, especiais, artísticas) e adquisición de equipamentos.

En Bibliotecas: 336.359€


No ámbito cultural máis de 3 millóns de euros

  • En Infraestruturas culturais 1.079.632€
  • Case un millón de euros noutras actuacións do ámbito cultural.
  • E un millón de euros para axudas á produción artística


No hay comentarios:

Publicar un comentario