-Os concelleiros\as populares
presentan nova documentación importante relacionada co procedemento
de Dilixencias Previas 0000224/2014 que está sendo tramitado no
Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº1 de O Barco de Valdeorras
-Solicitan que estes reparos técnicos se incorporen ás dilixencias xa incoadas ou, no seu caso, que se acorde a incoación de novas dilixencias
Ourense,
16 de outubro de 2014.-
O Grupo Municipal do Partido Popular en O Barco compareceu esta tarde
na sede provincial do PP para dar conta da entrega á Fiscalía de
2.648 reparos técnicos efectuados á xestión do alcalde socialista
barquense, Alfredo García, durante o período comprendido entre os
anos 2003 e 2013.
Tal
e como explicou o portavoz municipal, Moisés Blanco Paradelo, esta
nova documentación é importante por estar relacionada directamente
co procedemento de Dilixencias Previas 0000224/2014 que está sendo
tramitado no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº1 de O Barco
de Valdeorras. De feito, os populares solicitan que os 2.648 reparos
técnicos aportados “se incorporen ás dilixencias xa incoadas ou,
no seu caso, que se acorde a incoación de novas dilixencias “.
Moisés Blanco analizou polo miúdo a natureza destes 2.648 reparos técnicos, dos cais 811 corresponden a obras, 625 a facturas, 564 á política de Persoal, 338 a subvencións e os 310 restantes a outros conceptos. No tocante ao número de reparos por anualidade, o portavoz dos populares barquenses explicou que durante o ano 2003 se produciron 134 reparos, en 2004 foron 198, 228 durante o ano 2005, 108 durante 2006, en 2007 producíronse 158, en 2008 foron 296, durante o ano 2009 producíronse 416, 241 durante 2010, 275 no exercicio 2011, 322 durante 2012 e, finalmente, durante 2013 producíronse 272.
Dos
564 de Persoal (contratacións persoal temporal, pago de nóminas,
horas extra, gratificacións, extinción de relacións laborais...),
os reparos que máis se repiten: “Limitan ou principio fundamental
de igualdade en materia de acceso ao emprego público”; “Risco de
lestes traballadores incorran na presunción de persoal indefinido
non fixo”.
Dos 625 reparos de Facturas (aprobación de listados de facturas, expedientes recoñecemento de crédito extraxudicial...), os reparos que máis se repiten: “Algunhas facturas incumpren o regulamento de facturación”; “Algunhas facturas superan o importe do contrato menos cuxa vixencia se atopa amplamente pasada ou ben nin siquera existe un contrato que ampare a prestación”.
Dos 811 reparos de Obras (adxudicacións, contratos, certificacións de unidades de obra, devolucións de avales...), os reparos que máis se repiten: “Incúmprese a obriga das expedicións mensuais das certificacións das unidades de obra, non hai actas de reformulo, incúmprense prazos, ausencia de informe do Director de Obra...”
Dos 338 de Subvencións (axudas, premios, subvencións a entidades, bolsas...), os reparos que máis se repiten: “Asociacións que presentan a documentación fóra de prazo, incompleta. Non consta publicidade feita do concurso, nin ditame da Comisión, acreditación dos gastos...”
“Estas escandalosas cifras reflicten o suspenso máis clamoroso dunha xestión repleta de incumprimentos e irregularidades. A lei é o que nos protexe da arbitrariedad, e este alcalde fixo un uso perverso da Lei, convertendo as súas 16 anos de goberno nunha auténtica fraude electoral. Pervertir a lei é adulterar as regras da democracia e a orde, permitindo profundas desigualdades”, sinala Moisés Blanco Paradelo.
“Non todo vale, e desde logo que o fin non xustifica os medios. As formas din moito do xeito de actuar das persoas, e aínda máis daquel que na súa posición de alcalde, como primeiro veciño do municipio, ten que ser exemplar no cumprimento da lei, posto que despois dictará normas, ordenanzas, impostos e demais accións que pretende que todos os veciños e veciñas cumpran para unha correcta convivencia”, recalca o portavoz barquense dos populares.
Xeito
habitual de proceder, pervertindo a lei
A
xulgar por estes datos, Moisés Blanco recalca que “demostran unha
forma habitual de proceder, ignorando a lei e todo tipo de normativa,
pervertindo a lei e utilizando as regras de xogo ao seu favor. De
feito, este xeito de actuar parece indicativo dun notorio fraude
electoral”.
“O PSOE debería reflexionar sobre si quere que o seu máximo representante na FEGAMP, en calidade de vicepresidente primeiro, siga sendo un alcalde que acumula 2.648 reparos dos técnicos municipais. Reparos que non fan máis que poñer en entredito a súa xestión política á fronte do Concello de O Barco dende o punto de vista da lei”, sinala o portavoz do Grupo Municipal do PP barquense.
Por
último, Moisés Blanco recalca que estes reparos “demostran que os
técnicos do Concello de O Barco levan facendo de xeito excelente e
impecable -e así continúan- o seu traballo de información,
advertencia e fiscalización que á súa vez é ignorado de forma
continuada e reiterada polo alcalde campión de Galicia en informes
desfavorables”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario