Moción
que presenta o Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no
artigo 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen
Xurídico das Entidades Locais, para o seu debate e, no seu caso
aprobación, no Pleno Ordinario do mes de Outubro.
CONTROL
E REVISIÓN DAS FAROLAS DO CONCELLO E ELIMINACIÓN DOS CADROS
ELÉCTRICOS DAS ÁRBORES
Sabido é por esta corporación a insistencia por parte do grupo municipal do Partido Popular para que se efectúe a retirada dos cadros eléctricos colocados en determinadas árboles dos xardíns barquenses, así como o cableado existente nalguns dos ditos árbores; o que chamamos "árbores como postes eléctricos", no Malecón, praza de Andrés de Prada, etc. Non é a primeira vez que nas comisións pediuse a sua retirada; confirmándose que a día de hoxe non se fixo nada.
De
igual modo constátase a existencia de farolas do alumeado público
en mal ou deficiente estado, farolas inclinadas, ben por ter levado
algún golpe de algún vehículo, ben por gamberrismo, ou por fallar
ou ceder o seu basamento.
Desde
o Grupo Popular queremos recalcar o perigo en potencia de tales
situacións e isinsistir unha vez mais na necesidade de que se
corrixan ditas deficiencias para evitar indesexables accidentes. Os
acontecementos destes últimos tempos con tráxicos finais
reafírmanos na nosa petición e confirman a importancia do
mantemento destas instalacións.
Por
todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular
propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Primeiro.-
O Concello de O Barco elaborará un informe co estado de todas as
farolas existentes no término municipal para, no seu caso, reparalas
ou reemplazalas a maior brevedade.
Segundo.-
O Concello de O Barco elimirá de xeito imediato todos os cadros
eléctricos e cables tendidos entre as ramas das árbores, así como
aqueles que están preto dos parques infantís ou paseos, pudendo ser
manipulados por calquera persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario