Presentación
do Proxecto de “Dragado do Río Sil para a zona do Malecón”
Seguramente
que todas e todos os veciños barquenses coincidimos na verdadeira
importancia que tería para O Barco poder realizar un dragado no Río
Sil ao seu paso polo Malecón, e deste xeito, volver novamente a
disfrutar do río tanto a nivel lúdico como deportivo.
Por
iso, o propio Concello presentou en varias ocasións ante a
Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Xunta de Galicia o
proxecto de “Dragado do Río Sil para a zona do Malecón” que
resultou denegado nos últimos instantes da tramitación.
As
obras de dragado que figuran no proxecto, redactado no seu momento
polos técnicos municipais, propón a retirada de acarreos do río
nun tramo duns 340 ml, cun espesor medio de 60 cm, o que supoñería
que o volume total a extraer estaría en torno aos 18.300 m³.
Valorado nuns 100.000€, o proxecto foi rexeitado por última vez en
xuño de 2009, tras superar diversos informes das administracións
competentes.
Desde
o Grupo Popular queremos insistir na necesidade de que se volva a
presentar, porque si outras cidades como Zaragoza ou León, por citar
algúns exemplos, executaron importantes proxectos de dragado dos
seus ríos O Barco tamén tería que poder facelo.
Por
todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular
propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Primeiro.-
O Goberno do Concello de O Barco convocará a Comisión de Medio
Ambiente para que o proxecto sexa obxecto dun novo estudo e se poidan
realizar as oportunas modificacións.
Segundo.-
Rematada a fase de estudo o Proxecto será presentado novamente, nun
plazo non superior a tres meses, ante os diferentes organismos
competentes.
Terceiro.-
Se finalmente o proxecto recibise o visto bo o Concello de O Barco
buscarà a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación e a propia
Confederación Hidrográfica para sufragar o custo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario