O
vicepresidente da Xunta reafirmouse nas declaracións realizadas por
Ruíz Gallardón en Galicia, nas que informou que se manterán todos
os partidos xudiciais
MOISÉS
BLANCO TRASLADA A ALFONSO RUEDA A INTRANQUILIDADE EXISTENTE EN
VALDEORRAS ANTE A FALTA DE NOTICIAS RESPECTO AO FUTURO MANTEMENTO DO
XULGADO DE O BARCO
- A Xunta remitirá unha proposta ao Ministerio na que se terán en conta criterios como a dispersión da poboación, os tempos de desprazamento ou o aproveitamento de infraestruturas existentes
Santiago,
11 de setembro de 2014.- O deputado do Grupo Popular Moisés
Blanco entrevistouse co vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, para facerlle
chegar a intranquilidade existente entre os veciños da comarca de
Valdeorras pola falta de novas informacións respecto ao futuro
mantemento do Xulgado en O Barco.
Neste
sentido, Alfonso Rueda reafirmouse nas declaracións realizadas polo
ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, na súa visita en
Galicia, nas que avanzou que se manterían todos os partidos
xudiciais en Galicia e atendería as demandas feitas desde a Xunta de
Galicia. En concreto, Gallardón anunciara que o proxecto de Lei
sería modificado nalgúns aspectos para corrixir "disfuncións"
de carácter territorial que puideran existir no caso da Comunidade
galega.
INFORME
COAS PECULIARIDADES GALEGAS
Deste
xeito, a Xunta está a elaborar un informe para enviarlle ao
Ministerio de Xustiza no que conste a súa proposta sobre a
demarcación territorial de cada un dos tribunais de instancia,
acompañado dun estudo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
respecto das cargas de traballo dos distintos xulgados para que sexa
informado polo Consello Xeral do Poder Xudicial.
Así
mesmo, o Goberno galego remitirá ao Ministerio unha proposta de
sedes de tribunais de acordo cos criterios establecidos na Lei
Orgánica do Poder Xudicial, na que se recollan entre outros os
criterios de dispersión da poboación, os tempos de desprazamento ou
o aproveitamento das infraestruturas existentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario