“SOBRE
O MANTEMENTO DO PARTIDO XUDICIAL DE O BARCO DE VALDEORRAS”
O
pasado 4 de abril o Ministro de Xustiza presentou ante o Consello de
Ministros o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. Un
ambicioso anteproxecto que contén reformas de gran interese, pero
que tamén contempla a supresión dos actuais partidos xudiciais e a
creación de Tribunais
Provinciales de Instancia.
Sen lugar a dúbidas, esta decisión, sería moi prexudicial para comarcas coma a nosa, posto que a dispersión xeográfica, o envellecemento da poboación e mesmo características orográficas que dificultarían en moitos casos os desprazamentos á capital da provincia, cuestión que vai en contra do dereito cidadán de acceso a unha tutela xudicial efectiva como garante o artigo 24 da Constitución Española.
Aínda
que anteproxecto de lei ten un longo percorrido parlamentario, desde
o Grupo Municipal Popular consideramos que durante todo o
procedemento ten que quedar acreditada a non supresión dos partidos
xudiciais nas vilas que son cabeceira de comarca.
O
achegamento e cercanía da administración de Xustiza ao cidadán
debe ser un feito irrenunciable, contemplando tamén os problemas que
se derivarían da desaparición dos actuais partidos xudiciais non
sólo para os cidadáns senón tamén para os/as profesionais da
xustiza, abogados/as e procuradores, concellos, etc.
Ademais,
sería unha contradición que deixaría sen efecto o esforzo
inversor realizado pola Xunta de Galicia á hora de construír e
dotar ás sedes xudiciais, como sucedeu na construción do novo
edificio que alberga os Xulgados de O Barco, cunha inversión
superior os 2,5 millón de euros.
Por
todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular
propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
-
O Pleno do Concello de O Barco:
1º.
Manifesta o seu rexeitamento á previsión do anteproxecto de Lei
Orgánica do poder xudicial, que determina a desaparición dos
actuais partidos xudiciais.
2º.
Insta ao Goberno do estado a que garanta o mantemento dos actuais
partidos xudiciais na provincia de Ourense, e de xeito particular o
partido xudicial de O Barco de Valdeorras.
3º.
Dá traslado deste acordo a todos os concellos que pertencen ao noso
partido xudicial, á Xunta de Galicia e ao Goberno de España para o
seu coñecemento e efectos oportunos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario