O deputado popular recordou
o acordo parlamentario “para que os beneficiarios/as de pensións da
emigración se lles exima do pago de sancións e habilite períodos
de pagamento máis longos para abonar as declaracións
complementarias”
- A
Conselleira confirmou ao deputado popular o apoio da Xunta á xusta
reivindicación dos afectados e que así se llo transmitiron ao
Goberno central
Santiago, 7 de maio de
2014.- O
deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco Paradelo, reuniuse hoxe coa
Conselleira de Facenda do Goberno galego para trasladarlle a
preocupación dos pensionistas de Valdeorras que cobran pensións da
emigración ao que Elena Muñoz respostou que a Xunta de Galicia
apoia as súas xustas reivindicacións e así se llo transmitiron ao
Goberno do Estado.
O deputado popular recordou o
acordo aprobado por unanimidade no Parlamento recentemente no que se
solicitaba á Axencia Tributaria que regularizara a situación dos
pensionistas que cobren pensións da emigración sen consideralos
defraudadores fiscais, os eximira do pago de sancións e habilitara
períodos de pagamento máis longo que os estipulados habitualmente
para afrontar os pagos polas declaracións complementarias.
Moisés Blanco recordou na
reunión mantida coa conselleira que “na maior parte dos casos
estes pensionistas galegos que traballaron no estranxeiro e non
tributaron nos últimos anos polas pensións non o fixeron con afán
defraudador nin mala intención polo que é preciso que se informe
sobre as súas obrigas fiscais e que a regularización se faga sen
sancións e se adíe o pago deste cumprimento a todas e todos os afectados”.
A conselleira de Facenda
recordoulle ao deputado popular que a Xunta de Galicia, aínda que
non ten competencia algunha nesta materia, púxose a traballar dende
o primeiro momento reuníndose co colectivo para recoller as súas
inquedanzas. Posteriormente indicou que o departamento autonómico
solicitou á Axencia Tributaria estatal que prestara especial
atención e consideración ao colectivo de afectados e que analizara
as posibles solicitudes de aprazamento e fraccionamento da débeda
tributaria que puidera xurdir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario