- Nun encontro que mantivo Moisés Blanco con varios avogados da zona asegurou que “defenderemos a existencia de sedes desprazadas nos lugares nos que, sendo na actualidade partido xudicial, se xustifique esta categoría en atención aos criterios que se recollen no anteproxecto, como ben podería ser o caso dos Xulgados de O Barco”.
O
Barco de Valdeorras, 15 de abril de 2014.- O pasado 4 de abril o
ministro de xustiza presentou ante o Consello de Ministros o
anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. O texto deste
anteproxecto debe pasar agora os trámites de informe preceptivo que
deben emitir o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Consello Fiscal e
o Consello de Estado, sen perxuízo doutros dictames ou informes que
o goberno puidera requerir. Con posterioridade, o texto, coas
modificacións que o goberno considere oportuno incluir, será
aprobado en Consello de Ministros e iniciarase o trámite
parlamentario no Congreso e Senado.
Así
lle lo explicou, Moisés Blanco nun encontro que mantivo con varios
avogados da comarca valdeorresa. “Polo momento, estamos nunha fase
completamente inicial, onde este texto pode experimentar cambios que
enriquezan o seu contido. E así esperamos que suceda”, afirma o
voceiro do PP do Barco e parlamentario autonómico.
Moisés
Blanco asegura que “defenderemos a existencia de sedes desprazadas
nos lugares nos que, sendo na actualidade partido xudicial, se
xustifique esta categoría en atención aos criterios que se recollen
no anteproxecto como ben podería ser o caso dos Xulgados de O
Barco”.
Para
elo, Moisés Blanco confía en que desde o Goberno do Estado exista
flexibilidade á hora de poñer en marcha o novo modelo, de tal xeito
que as Comunidades Autónomas teñan posibilidade de adaptalo ás
súas peculiaridades, de xeito coordinado co Poder Xudicial.
Por
iso, o voceiro popular barquense e deputado galego agarda que nos
criterios que definan a futura planta xudicial no resto do territorio
sexan tidos en conta criterios relacionados directamente coas
características socioeconómicas, xeográficas, poboacionais, redes
de comunicacion e esforzo inversor realizado pola Xunta de Galicia á
hora de construir e dotar ás sedes xudiciais como sucedeu na
construción do novo edificio que alberga os Xulgados de O Barco,
cunha inversión superior os 2,5 millón de euros.
Tal
e como recolle o anteproxecto poderanse crear sedes desprazadas dos
Tribunais Provinciais de Instancia naquelas localidades que
actualmente contan con órganos xudiciais distintos dos Xulgados de
Paz, en función das seguintes circunstancias:
-
Volume e dispersión da poboación no territorio provincial.
-Relevancia
da carga de traballo dos órganos xurisdiccionais existentes, segundo
os módulos establecidos conforme ás determinacións da LOPX.
-
Distancia da sé desprazada á capital da provincia.
-Tempo
de desprazamento en transporte público desde a sé desprazada á
capital da provincia.
-Especiais
características orográficas ou xeográficas do territorio
provincial e, singularmente, as que dificulten os desprazamentos á
capital da provincia.
-
Existencia, estado e posibilidade de aproveitamento de edificios e
infraestruturas xudiciais existentes na sé desprazada.
-
Posibilidade de amortización e de recuperación dos investimentos
efectuados nos edificios e infraestruturas xudiciais da sé
desprazada.
Considera
Moisés Blanco, que todas estas circunstancias se cumpren no caso da
comarca Valdeorresa, por iso, está convencido de que “teñen que
posibilitar que os Xulgados do Barco se manteñan como sede xudicial,
e sigan funcionando como ata o de agora”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario