Ourense,
4 de abril de 2014.-
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmoulle ao Portavoz do PP no Barco e
parlamentario valdeorrés, Moisés Blanco, a paralización e
revisión da taxa que os veciños da comarca de Valdeorras teñen que
pagar pola depuración de augas, e que un estudo determinará as
cantidades que deberán aboar os núcleos de poboación, tal e como
acordou o Consorcio de Augas de Valdeorras na súa última reunión.
Moisés
Blanco trasladoulle o presidente provincial o malestar dos veciños
do Barco o respecto da aplicación da taxa, e que nalgúns pobos pode
incluso ser inxusta e inadecuada, polo cal faise necesario revisar o
criterio de aplicación da mesma para que se axuste o máximo posible
o consumo real.
Desta
maneira, tal e como acordou o Consorcio na súa xuntanza, un estudo
determinará a taxa que deberán aboar os habitantes do rural
valdeorrés pola depuración das augas residuais. Así, vaise facer
un estudo do consumo medio dos puntos onde non hai contadores,
mentres que as actuais taxas seguirán vixentes nos lugares onde os
contadores permiten calcular o consumo real de auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario