A
directora xeral do Patrimonio Cultural respostou no Parlamento a
unha pregunta do deputado do PPdeG sobre a previsión do recoñemento
oficial do Camiño
- A Xunta asegurou hoxe na Comisión de Educación e Cultura que ten programada nos seus orzamentos 2014, concretamente neste primeiro semestre, a contratación dos traballos necesarios para a delimitación oficial e posteriormente se culminará coa sinalización oficial do mesmo
Santiago,
7 de marzo de 2014.- O
deputado do PPdeG Moisés Blanco Paradelo agradeceu hoxe no
Parlamento os traballos que se veñen desenrolando dende a Xunta de
Galicia para o recoñecemento do Camiño de Inverno como ruta
Xacobea, “feitos dende a rigurosidade e a transparencia para
garantir a seguridade xurídica de protección do conservación do
patrimonio cultural”.
A directora xeral do Patrimonio Cultural da Xunta respostou hoxe, na Comisión de Educación e Cultura, unha pregunta do deputado popular sobre a previsión do recoñecemento oficial do Camiño. Segundo a titular deste departamento a dirección xeral ten programada nos seus orzamentos de 2014, “e concretamente neste primeiro semestre, a contratación dos traballos necesarios para a delimitación, fundamentada nos traballos previos e no recoñecemento dos terreos, tanto da traza como do territorio histórico asociado, necesarios para proceder á súa delimitación oficial, á súa incoación e posterior declaración”. Será con posterioridade a estes procesos, cando se culmine coa sinalización oficial do camiño, segundo indicou a directora xeral.
Moisés
Blanco pediu de novo a axilización dos traballos na medida do
posible para poder conquerir o antes posible esa señalización “que
na actualidade leva perdas de peregrinos en algunhas zoas” e
agradeceu a “boa vontade e o bo traballo que se desenvolveu nestes
meses tanto na recollida de información e os estudios de
historicidade para documentar o recoñecemento como na actualidade
no compromiso desinteresado de asociacións do camiño, entidades
culturais, historiadores e concellos na busca dun obxectivo común”
Así
o deputado popular nomeou na súa intervención parlamentaria aos
concellos, alcaldes e alcaldesas, as asociacións de amigos do
Camiño, ao Instituto de Estudios Valdeorreses, Ramón García,
Isidro García Tato e López Caneda, entre outros, como valedores moi
importantes “polo seu traballo desinteresado que fixo posible
reunir toda a información na fase de documentación previa e
necesaria para conquerir a oficialidade da ruta”.
Moisés
Blanco recordou na súa intervención parlamentaria que, entre todos
os usos que tivo o Camiño de Inverno, o da peregrinación é o máis
importante e indicou que “co recoñecemento oficial desta ruta
temos que ter en conta que non se trata de deseñar ou crear un
trazado do camiño conforme aos gustos turísticos e intereses
político-económicos de colectivos ou institucións ou como ruta do
colesterol ou da tensión, senón de descubrir por onde discorría a
peregrinación xacobea, que durante séculos seguiron os nosos
antepasados”.
Segundo
o deputado popular “esto hai que facelo dende o punto de vista
histórico, a través de documentos históricos, que xustifiquen e
definen perfectamente o trazado desta ruta”. “Un traballo que hai
que facer con rigurosidade e seriedade, como así se fixo ata hai ben
pouco coa delimitación definitiva do Camiño Francés, ou o do
Norte” finalizou dicindo Moisés Blanco.