18 jul 2013

O DEPUTADO MOISÉS BLANCO COMUNICA AO PRESIDENTE DOS EMPRESARIOS DE VALDEORRAS QUE O IGVS REBAIXARÁ NUN 20% O PREZO DO SOLO NO PARQUE EMPRESARIAL DE A RAÑA


Segundo lle informou a propia directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo nunha xuntanza que mantiveron en días pasados


O DEPUTADO MOISÉS BLANCO COMUNICA AO PRESIDENTE DOS EMPRESARIOS DE VALDEORRAS QUE O IGVS REBAIXARÁ NUN 20% O PREZO DO SOLO NO PARQUE EMPRESARIAL DE A RAÑA


  • O Goberno de Núñez Feijóo cumpre o compromiso adquirido de baixar o prezo do solo industrial, o que, xunto a outras liñas de axuda, supón un efecto chamada para novos proxectos emprendedores que xeren emprego e impulsen a economía na comarca de Valdeorras”, manifestou Blanco


Santiago, 18 de xullo de 2013.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco, comunicou hoxe ao presidente da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), Javier Rodríguez Paradelo, que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) rebaixará o prezo do solo industrial no Parque Empresarial de A Raña nun 20 por cento, segundo lle avanzou a propia directora deste organismo, Teresa Gutiérrez López, nun encontro que mantiveron en días pasados.

Moisés Blanco salientou que “o Goberno de Núñez Feijóo cumpre o compromiso adquirido de baixar o prezo do solo industrial, o que, xunto a outras liñas de axuda incluídas no Plan Impulsa Ourense ou en liñas de axudas do IGAPE, supón un efecto chamada para novos proxectos emprendedores para xeren emprego e impulsen a economía na comarca de Valdeorras”.



DE 70 A 56 EUROS POR METRO CADRADO


Na xuntanza celebrada esta mañá na sede da AEVA, o deputado popular explicou que con esta rebaixa do 20 por cento nas parcelas do Parque Empresarial de A Raña o metro cadrado pasará dos 70 euros actuais a 56 euros. “Este novo prezo será aplicado ás 25 parcelas dispoñibles na segunda e terceira fase deste parque empresarial”, apuntou.


Esta medida supón un paso máis do Goberno galego no impulso ao emprendemento a través de facilitar o acceso ao solo industrial, acompañado doutras medidas en vigor dirixidas a facilitar o pago e fomentar a colaboración con todas as administracións e con todos os axentes implicados para vender máis solo industrial en Valdeorras e facer desta comarca máis competitiva e atractiva a nivel empresarial”, dixo.



OUTRAS MEDIDAS DA XUNTA


En concreto, Blanco informou aos empresarios de Valdeorras de medidas dispostas pola Xunta de Galicia para posibilitar o pago aprazado do solo empresarial ata un máximo de cinco anos ou permitir a concesión ao comprador dun dereito de superficie de ata 30 anos naquelas operacións que non se materialicen como compra, prorrogable en función das necesidades do proxecto empresarial.


O deputado popular tamén recordou na reunión celebrada con directivos de AEVA “a importancia do programa Impulsa Ourense, con subvencións a fondo perdido para favorecer a implantación de proxectos empresariais superiores a 200.000 euros; ou o programa ReEmprende, con apoios de ata o 50 por cento para novos negocios ou empresas con menos de un ano de funcionamento”.


En definitiva, a Xunta está a habilitar vías para o financiamento de todo tipo de proxectos empresariais, desde os apoios a grandes investimentos ata os microcréditos para as pequenas iniciativas de autónomos e microempresas, pasando polos proxectos de internacionalización ou de mellora da competitividade”, sinalou o deputado popular.


No hay comentarios:

Publicar un comentario