·
As subvencións da Xunta de Galicia
poderían estar en risco, afectando a prestación de servizos municipais.
·
Dende o ano 2004 o Concello presenta as
contas fora de prazo.
·
Moisés Blanco considera que Alfredo García, coma vicepresidente da FEGAMP,
da un mal exemplo o resto de alcaldes galegos.
O Barco de Valdeorras.- 22 de xaneiro de
2013. O portavoz do Partido Popular de O
Barco, Moisés Blanco, afirmou que “é un feito grave que o Goberno Socialista do
Concello de O Barco non sexa capaz de presentar as contas municipais en tempo
en forma, e que ano tras ano o fagan fora de prazo”.
Os populares barquenses presentaron este
luns no concello de O Barco un escrito no que lle piden ao alcalde que envíe a
maior brevidade posible a documentación correspondente as contas do ano 2011 ao
Consello de Contas, porque, “ademais de que novamente se evidencia unha mala
xestión do Grupo de Goberno tamén estaría en serio risco a prestación dalgún
servizo municipal, posto que a Xunta de Galicia podería excluir das subvencións
a aqueles concellos que eluden rendir as súas contas”, sinalou Moisés Blanco.
O portavoz do
Partido Popular no Concello de O Barco, afirma que o alcalde de O Barco,
Alfredo García, non foi quen de remitirlle ao
Consello de Contas nos últimos oito anos a documentación que se lle require.
Entende o portavoz popular que ao alcalde de O Barco “pouco lle importa que o
Consello de Contas de Galicia sexa o ente fiscalizador das contas e da xestión
económico-financeira do sector público galego, entre os que se atopan os
concellos”.
No
última publicación dixital, que vén de presentar o Consello de Contas, o
Concello de O Barco atópase dentro da lista dos catorce concellos de Galicia, e
catro da provincia de Ourense, que non enviaron a Conta Xeral correspondente ao
exercicio económico do ano 2011.
“Pero o
máis grave para o noso concello e que esto converteuse nunha práctica habitual
de Alfredo García, posto que aconteceu igual nos anos 2010, 2009, 2008, 2007,
2006, 2005 e 2004. É preciso remontarnos ao ano 2003 para atopar un informe do
Consello de Contas de Galicia que fiscalice e analice os datos económicos do
Concello do Barco en tempo e forma”, explica Moisés Blanco.
Os datos
do Consello de Contas refendan o que leva denunciando o Partido Popular no que
atinxe á “falta de respecto institucional” e o pouco valor que o alcalde lle
presta aos entes fiscalizadores da nosa comunidade autónoma.
Moisés
Blanco considera que o alcalde de O Barco “converteu en algo habitual o que
tería que ser unha excepción, e sen lugar a dubidas é un dos alcaldes galegos
que máis informes desfavorables acumula. Temos que lembrar que no ano 2012
recibiu 155 informes desfavorables dos técnicos municipais. Así mesmo, leva
presentado todos os orzamentos municipais fora de prazo e con reparos negativos
dos servizos técnicos do concello. É o alcalde campión de Galicia en informes
desfavorables”.
Recorda
Moisés Blanco, que “o alcalde de O Barco tamén é Vicepresidente primeiro de
Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e con esta forma de
proceder, chea de informes desfavorables e reiterados incumprimentos ofrece un
mal exemplo o resto de alcaldesas e alcaldes de Galicia”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario