·
Os populares veñen
detectando deficiencias na xestión deste servizo, polo que rexistraron hoxe un
escrito no Concello para dar conta das irregularidades, como é a prestación do
servizo sen contrato en vigor
O
Barco de Valdeorras, 05 de decembro de 2012.- O grupo municipal do Partido Popular do Barco ven de
presentar esta mañá un escrito no Rexistro Xeral do Concello, onde solicita
expresamente ao interventor muncipal que, a fin de proceder ao control
financieiro e de eficacia do Servizo Público de Ordenación e Regulación de
aparcamento de vehículos na vía pública (O.R.A.) no Barco de Valdeorras, emita
os informes que procedan á vista das irregularidades detectadas polos populares
e expostas no devandito escrito.
Explica o portavoz
popular, Moisés Blanco Paradelo, que recurren ao funcionario encargado de
fiscalizar a actividade económica do Concello, pola preocupación ante o que
considera un servizo irregular. Lembra Moisés Blanco que o contrato para a
xestión e explotación do servizo da O.R.A. asinouse o 28 de xuño de 2005 (a
adxudicataria foi Dornier, S.A.) e prorrogouse por outros dous anos o 16 de
agosto de 2007. Dende aquela, non consta para os populares ningunha nova
sinatura de prórroga, polo que o PP de O Barco solicita ao interventor
municipal que certifique se existe incumprimento do pliego de cláusulas
administrativas particulares da contratación.
Tamén explican os populares
que o pliego establece que a concesionaria debe presentar anualmente ante o
Concello a xestión de contas, inversións realizadas e un inventario actualizado
de bens adscritos ao servizo. Moisés Blanco fai constar no escrito que asina en
nome dos populares que non se están a respetar ditas prescripcións, xa que, por
exemplo, o que deberían ser liquidacións anuais "son meras certificacións
unilaterais dun só folio, onde se indica a tanto alzado a recaudación obtida, o
custe do servizo e os cánones que en consecuencia se satisfarían ao Concello,
sen aportar siquera o desglose desas cantidades". De feito, os populares
lembran que a partires de 2008, estas supostas liquidacións só foron aportadas
unha vez que así o requeriu o tesoreiro municipal á empresa, en febreiro de
2011.
Por último, os
populares inciden en que esta falta de transparencia económica no servizo
impide controlar certos "fenómenos de difícil explicación", tales
como que pese a declarar a empresa pérdidas de 19.364,31€ e 8.792,80€ durante
os anos 2010 e 2011, continúe prestando o servizo municipal sen pagar ao
Concello o canon establecido no pliego pola prestación deste servizo dende o
ano 2008, a pesares de que ao ano seguinte, en 2009, a empresa chegase a
declarar un excedente do servizo.
O portavoz municipal,
Moisés Blanco, explica que non quixo facer público este asunto ata o de agora
"para non ser tachado de electoralista durante a pasada campaña das
autonómicas", do mesmo xeito que tampouco quixo que as irregularidades
detectadas neste servizo en O Barco se mesturasen coas acontecidas nos servizos
da O.R.A. de municipios como o de Ourense ou Lugo, por exemplo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario