O Barco de
Valdeorras.- 19 de novembro de 2012. O portavoz do
Partido Popular de O Barco, Moisés Blanco, afirmou que “é un feito grave que o
Goberno Socialista do Concello de O Barco non sexa capaz de contabilizar e
controlar os gastos orixinados na execución das obras municipais”.
Para elo,
Moisés Blanco, baséase no informe técnico emitido polo Departamento de
Intervención a propósito da aprobación da Conta Xeral do ano 2011, que na súa
páxina 7 di:
-“polo que respecta ás obras executadas pola
Administración, non foi posible contabilizaren correctamente os gastos delas
derivados, dado que non se tramitaron correctamente expedientes de obra a
executar pola Administración, circunstancia que provocou que, en ausencia dun
proxecto de obra desta natureza (desagregación de gastos, medios persoais
asignados á execución, medios materiais a adquirir…) e a inexistencia de
certificacións de obra e de actas de
recepción, non fora posible por este Departamento proceder ao tratamento
individualizado de facturas e de nóminas, á súa correcta contabilización, nin
tampouco a dar de alta o correspondente proxecto de gasto, todo elo en aras da
cuantificación final do investimento[….].
O portavoz
dos populares barquenses considera que “con esta forma de proceder o goberno
municipal do PSOE demostra novamente a absoluta falta de control e de rigor na
xestión e no gasto dos cartos de todos os veciños e veciñas do Barco”.
Engade Moisés
Blanco, que “as críticas que a este respecto ven facendo o grupo popular, desde
hai moito tempo, son confirmadas e avaladas unha e outra vez polas decenas de
informes que ano a ano emiten os técnicos do Concello. Estamos ante un exemplo
máis”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario