10 feb 2011

Moisés Blanco afirma que en 12 anos o PSOE non foi capaz de construír unha terminal de vehículos pesados en O Barco

O portavoz do PP en O Barco e candidato á Alcaldía nas próximas eleccións municipais, Moisés Blanco, critica a marxinación que o PSOE de O Barco, co seu alcalde á cabeza, ven sometendo aos transportistas ao non ter sido capaz de construír un aparcadoiro para camións en 12 anos.

Moisés Blanco reuniuse con representantes da entidade “Conductores asociados de Valdeorras” (Coasva), quen lle plantexaron as necesidades e dificultades polas que está a atravesar o sector do transporte na comarca, de gran importancia en todo Valdeorras.

Como recordou, Joaquín Tato, presidente de Coasva, existen ao redor de 150 camións “e non temos un sitio en condicións para aparcar sen molestar a ninguén”, por iso trasladoulle a Moisés Branco a urxente necesidade de que O Barco conte cun aparcadoiro para camións. Unha proposta que segundo Branco, "foi presentada polo Partido Popular no ano 1999, a través dunha moción, recibindo o apoio unánime de todos os grupos políticos".

Aínda así, Moisés Branco afirma que está claro “que non foi unha prioridade para o grupo de goberno socialista, que en 12 anos non foi capaz de construír unha terminal para vehículos pesados, unha infraestrutura moi necesaria para O Barco". Moisés Branco comprometeuse co colectivo de transportistas a incluír novamente este proxecto no seu programa electoral “como un compromiso firme e ineludible”, ao mesmo tempo que iniciará xa as xestións oportunas ante o goberno da Xunta de Galicia.

Na reunión tratouse tamén a mala situación da estrada N-120 ao seu paso por Valdeorras, cuxas fochancas propician danos nas mercancías, desgastes e rebentóns de rodas, “así como problemas na amortiguación, o que unido á subida do prezo do combustible supón un gran incremento de gasto, dificilmente soportable”, explica Moisés Blanco.
De igual forma, coñecida a resposta do goberno socialista de Zapatero, supeditando o arranxo da N-120 a "dispoñibilidades orzamentarias", Moisés Branco afirmou: “Unha vez máis queda demostrada a falta de vontade política do goberno da nación para mellorar e construír infraestruturas de comunicación en Valdeorras. Os proxectos novos non queren inicialos e as reformas atrásanas mentres desvían fondos para outros lugares de España".

Tanto Moisés Branco como Joaquín Tato coincidiron na necesidade de que se constrúa canto antes a estrada de enlace entre a N-536 e a N-120 (a circunvalación) "un proxecto vital para a eliminación do tráfico pesado polo centro do Barco e para unha condución máis segura para todos, vehiculos e peóns".

No hay comentarios:

Publicar un comentario