3 sept 2010

O Alcalde de O Barco prefire defender o goberno de Zapatero que os intereses de O Barco.

O Concello de O Barco terá que devolver mais de 46 millóns das antigas pesetas pola nefasta planificación dos presupostos xerais do 2008.

O Ministerio de Política Territorial ven de facer públicos os datos relativos á liquidación da Participación das entidades locais nos Ingresos do Estado correspondentes ó exercicio 2008. As cantidades que teñen que devolver as entidades locais galegas como consecuencia da liquidación do ano 2008 ascenden a 106.284.655,29 €.

No caso concreto do Concello de O Barco o importe a devolver ascende a 276.613,16€.

Esta situación produciuse como consecuencia da falla de previsión do Goberno de España, presidido polo Sr. Rodríguez Zapatero que, empeñado en negar as consecuencias da crise económica, presentou no ano 2008 uns orzamentos cunhas previsións de ingresos que estaban moi lonxe da realidade.

Agora, no peor momento da crise económica e ó tempo que experimentan unha notable baixada dos seus ingresos, as Comunidades Autónomas e as Corporacións Locais van a verse obrigadas á devolución de importantes cantidades como consecuencia dos erros do goberno do Sr. Rodríguez Zapatero.

A esta situación hai que engadir que o Goberno de España continúa incumprindo o seu compromiso de abordar a reforma do financiamento local para garantir o principio de suficiencia das facendas locais.

A reclamación efectuadas polo Goberno de España neste momento podería poñer en risco o mantemento dos servizos públicos de titularidade local, razón pola que cómpre solicitar que se deixe sen efecto a liquidación efectuada ou que, no seu defecto, se adíe o pagamento da cantidade a devolver ata que exista un crecemento económico por riba do dous por cento anual en un prazo de dez anos.

Ademais, para garantir a suficiencia financeira das facendas locais, o Goberno do Estado debería garantir, como xa fixo a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local no ano 2010, que ningún concello perciba menos ingresos durante o ano 2011 en concepto de Participación nos Ingresos do Estado que os que ven percibindo durante o ano 2010.

Por todos os motivos expostos, o Grupo Municipal do Partido Popular de O Barco proponlle ó Pleno da Corporación Municipal a adopción dos seguintes acordos:

1º.- Dirixirse ó Ministerio de Política Territorial do Goberno de España para solicitarlle que deixe sen efecto a liquidación negativa correspondente a Participación nos Ingresos do Estado do ano 2008 ou que, no seu defecto, se adíe o pagamento da cantidade a devolver ata que exista un crecemento económico por riba do dous por cento anual en un prazo de dez anos.

2º.- Dirixirse ó Ministerio de Política Territorial para que o Goberno de España adopte unha medida tendente a garantir que os ingresos que percibirán as entidades locais durante o ano 2011 en concepto de Participación nos Ingresos do Estado non sexan inferiores que os que veñen percibindo durante o ano 2010, tal e como ten realizado a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local durante o ano 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario