O
deputado popular sitúa en 33,1 días de espera neste centro
comarcal, fronte á media galega de 80 días
- Respecta “a todos aqueles que non recoñecen as melloras sanitarias e se lanzan a manifestacións demandando volver a situacións pretéritas nas que padecíamos unha atención sanitaria moi mellorable con continuos traslados a Ourense”
Santiago,
19 de marzo de 2015.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco
salientou hoxe a mellora rexistrada nos servizos sanitarios na
comarca de Valdeorras coa apertura de novas especialidades e a
ampliación dos servizos que se prestan aos cidadáns. Así mesmo,
destacou que o Hospital de Valdeorras “presenta os mellores datos
de Galicia en espera para especialidades, con 33,1 días fronte á
media galega de 80 días”.
Moisés
Blanco amosou o seu respecto “por todos aqueles que non recoñecen
as melloras sanitarias que beneficiaron aos veciños da comarca de
Valdeorras nos últimos anos e se lanzan a manifestacións demandando
volver a situacións pretéritas nas que padecíamos unha atención
sanitaria moi mellorable e con continuos traslados a Ourense para a
realización de probas diagnósticas ou cirurxías”.
POTENCIAR
OS SERVIZOS E AMPLIAR AS PRESTACIÓNS
"Algúns
en O Barco, especialmente desde o ano 2009, están empeñados en que
o Hospital comarcal se peche, pero afortunadamente o Partido Popular
e o presidente Feijóo non só garantiron o seu funcionamento, senón
que potenciaron os seus servizos ampliando a carteira de prestacións
asistenciais", lamentou. Neste eido, fixo un recoñecemento “a
todos os profesionais que traballan no Hospital Comarcal que co seu
esforzo e o seu bo facer son os protagonistas de que este centro teña
un dos mellores resultados de Galicia"
“Desde
o ano 2009 a situación ten mudado considerablemente grazas ao
compromiso do actual Goberno galego coa sanidade galega que se
traduciu no investimento de máis de 110.000 euros en novo
equipamento para o Hospital de Valdeorras”, sinalou o deputado
popular.
NOVAS
ESPECIALIDADES
Ademais,
puxo de manifesto que nestes anos procedeuse á apertura de novas
especialidades de neuroloxía, dixestivo, endócrino e cardioloxía,
xunto coa ampliación da carteira de servizos cirúrxicos de uroloxía
e o impulso á hospitalización a domicilio. Moisés Blanco tamén
fixo referencia á posta en marcha de vías rápidas de cancro de
colon, de larinxe, de vexiga, de próstata e de melanoma; a
implantación do programa de autocontrol da anticoagulación; e a
próxima incorporación dun novo TAC para o Hospital Comarcal”.
“Porén,
é necesario facer unha especial mención ás listas de espera do
Hospital de Valdeorras, que figura cos mellores datos de Galicia: en
concreto, a espera para especialidades deste centro comarcal sitúase
en 33,1 días, fronte á media galega de 80 días”, sinalou Blanco.
Ademais, informou que o tempo de acceso a unha intervención
cirúrxica para pacientes de nivel 1 en Valdeorras é de seis días,
unha das menores de toda Galicia.