Ante as informacións
conocidas nos últimos días sobre os servizos e funcionamento do
Hospital Comarcal Valdeorras e coa conseguinte incerteza que pode
xerar nos seus traballadores e usuarios, desde o Grupo Popular
propoñemos a adopción do seguinte acordo:
1.-Instar a Conselleria
de Sanidade da Xunta de Galicia para que vixile e controle
atentamente, todas aquelas necesidades organizativas que garantan
unha eficiente calidade asistencial e que ningún paciente de
Valdeorras poda ser derivado a outro hospital, por máis cuestions
que las puramente asistenciais.
2.- A que antes de
finalizar este ano se dote o HCV do TAC que o goberno da Xunta ten
comprometido dende fai anos.
3.- A comisión
informativa de Sanidade organizará unha visita-reunión coa Xerencia
Executiva do Hospital Comarcal de Valdeorras, a maior brevidade
posible, para que todos os grupos políticos podamos ter unha
información o máis axeitada sobre o funcionamento e
servizos do Hospital.
No hay comentarios:
Publicar un comentario