Segundo
lle informou a propia directora xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo nunha xuntanza que mantiveron en días pasados
O
DEPUTADO MOISÉS BLANCO COMUNICA AO PRESIDENTE DOS EMPRESARIOS DE
VALDEORRAS QUE O IGVS REBAIXARÁ NUN 20% O PREZO DO SOLO NO PARQUE
EMPRESARIAL DE A RAÑA
- “O Goberno de Núñez Feijóo cumpre o compromiso adquirido de baixar o prezo do solo industrial, o que, xunto a outras liñas de axuda, supón un efecto chamada para novos proxectos emprendedores que xeren emprego e impulsen a economía na comarca de Valdeorras”, manifestou Blanco
Santiago,
18 de xullo de 2013.-
O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco, comunicou hoxe ao
presidente da Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA),
Javier
Rodríguez Paradelo, que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
rebaixará o prezo do solo industrial no Parque Empresarial de A Raña
nun 20 por cento, segundo lle avanzou a propia directora deste
organismo, Teresa Gutiérrez López, nun encontro que mantiveron en
días pasados.
Moisés
Blanco salientou que “o Goberno de Núñez Feijóo cumpre o
compromiso adquirido de baixar o prezo do solo industrial, o que,
xunto a outras liñas de axuda incluídas no Plan Impulsa Ourense
ou en liñas de axudas do IGAPE, supón un efecto chamada para novos
proxectos emprendedores para xeren emprego e impulsen a economía na
comarca de Valdeorras”.
DE
70 A 56 EUROS POR METRO CADRADO
Na
xuntanza celebrada esta mañá na sede da AEVA, o deputado popular
explicou que con esta rebaixa do 20 por cento nas parcelas do Parque
Empresarial de A Raña o metro cadrado pasará dos 70 euros actuais a
56 euros. “Este novo prezo será aplicado ás 25 parcelas
dispoñibles na segunda e terceira fase deste parque empresarial”,
apuntou.
“Esta
medida supón un paso máis do Goberno galego no impulso ao
emprendemento a través de facilitar o acceso ao solo industrial,
acompañado doutras medidas en vigor dirixidas a facilitar o pago e
fomentar a colaboración con todas as administracións e con todos os
axentes implicados para vender máis solo industrial en Valdeorras e
facer desta comarca máis competitiva e atractiva a nivel
empresarial”, dixo.
OUTRAS
MEDIDAS DA XUNTA
En
concreto, Blanco informou aos empresarios de Valdeorras de medidas
dispostas pola Xunta de Galicia para posibilitar o pago aprazado do
solo empresarial ata un máximo de cinco anos ou permitir a concesión
ao comprador dun dereito de superficie de ata 30 anos naquelas
operacións que non se materialicen como compra, prorrogable en
función das necesidades do proxecto empresarial.
O
deputado popular tamén recordou na reunión celebrada con directivos
de AEVA “a importancia do programa Impulsa Ourense, con
subvencións a fondo perdido para favorecer a implantación de
proxectos empresariais superiores a 200.000 euros; ou o programa
ReEmprende, con apoios de ata o 50 por cento para novos
negocios ou empresas con menos de un ano de funcionamento”.
“En
definitiva, a Xunta está a habilitar vías para o financiamento de
todo tipo de proxectos empresariais, desde os apoios a grandes
investimentos ata os microcréditos para as pequenas iniciativas de
autónomos e microempresas, pasando polos proxectos de
internacionalización ou de mellora da competitividade”, sinalou o
deputado popular.