3 ago. 2012

REUNIÒN CON ALFONSO RUEDA PARA PEDIRLLE QUE SE MANTEÑAN OS SERVIZOS PÚBLICOS NO BARCO


O portavoz municipal dos populares, Moisés Blanco, e mailo concelleiro Carlos Javier Crespo, mantiveron unha reunión co conselleiro de Presidencia, Administraciones Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, para abordar cuestións coma a reforma xudicialproposta polo CGPJ, ou a eliminación das oficinas liquidadoras.
Ademáis de pedir que se manteña a calidade destes servizos, os populares solicitaron que se estudie a cesión de edificios e inmobles para usos culturais, sociais e educativos.

O Barco02 de agosto de 2012.- O portavoz municipal do PP en O Barco, Moisés Blanco, e mailo concelleiro Carlos Javier Crespo, mantiveron un encontro de traballo co conselleiro de Presidencia, Administraciones Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda.

Nesta reunión, os populares  abordaron a proposta do consejo General del Poder Judicial para modificar o mapa xudicial e a posible reducción de xulgados, un asunto que, segundo explicou o portavoz municipal, Moisés Blanco, “nos preocupa pola posibilidade de que os cidadáns barquenses se vexan perxudicados”, tendo en conta que si só se atenden a criterios económicos e non se contemplan outros factores determinantes como a dispersión poblacional, as comunicacións e a distancia coa capital provincial, “pese a gravedade económica do momento en ningún momento podemos permitir que os cidadáns barquenses perdan calidade na prestación dun servicio público tan importante como é o da Xustiza”.

Tamén se falou no encontro acerca da proposta o Executivo Autonómico de eliminar as oficinas liquidadoras, dependentes do Rexistro da Propiedade. Moisés Blanco lembrou que a oficina barquense “funciona moi ben dende hai anos e non queremos que se perda a calidade asistencial da que ata o de agora dispuñan os veciños de Valdeorras”, posto que aparte de servir para o pago de impostos, esta oficina ofrece servizos de información moi importantes e de interese para a poboación. Por estes motivos, os populares de O Barco consideran que este servizo debería continuar.

Por último, os populares trasladáronlle ao titular de Presidencia, Administraciones Públicas e Xustiza, a importancia de que se estudie, por parte do Executivo Autonómico, a posibilidade de ceder determinados inmobles e edificios para usos sociais, culturais e educativos. “Existen proxectos interesantes ao respecto, polo cal consideramos que sería perfectamente factible”, manifestou Moisés Blanco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario