19 oct 2010

A XUNTA DESTINA 29.000€ PARA O CENTRO DE INFORMACIÓN DA MULLER DO BARCO

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (SGI), adscrito á Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia, ten atribuídas, entre outras funcións, a achega de información e asesoramento especializado ás mulleres, facilitar a súa formación cara á mellora da súa empregabilidade, así como incentivar a súa participación na vida política, económica, cultural, educativa e social.

Así mesmo, tamén lle corresponde executar as medidas definidas para a consecución efectiva da igualdade das mulleres, levar a cabo plans e programas de acción e colaborar no desenvolvemento de actuacións que realicen as administracións locais.

O pasado 23 de xullo publicábase no DOG unha convocatoria de axudas dirixidas ás entidades locais, titulares de centros de información ás mulleres, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de atención ás mulleres que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico, información sobre recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de actividades formativas vinculadas á empregabilidade feminina e calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

Para esta convocatoria dedícase un orzamento total de 3.245.000,00 euros que se distribúe en dúas liñas de axuda: mantemento do CIM e para a realización de proxectos formativos para mulleres.

Concretamente, e atendendo aos criterios requeridos nas bases da convocatoria, ao concello de O Barco asignousellle a cantidade de 29.000€.

A este respecto, Moisés Blanco, portavoz do PP do Barco e candidato á alcaldía, salientou “a importancia de seguir desenvolvendo políticas activas de cara a conseguir a verdadeira igualdade entre homes e mulleres, especialmente no ámbito laboral”.

Ademáis, Moisés Blanco destacou a boa labor que levan desempeñando os Centros de Información a Muller, e manifestou que “ainda que nestes últimos anos avanzouse moito nesta materia é necesario seguir implementando medidas que favorezan a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral”.

Por último engadiu, que “a actual Xunta de Galicia, está verdadeiramente comprometida coas políticas sociais, e recordóu o Plan de Actuación Social que puso en marcha o Presidente Feijóo e que supón a mobilización de 2.000 millóns de euros ata 2013 para destinar a servizos para os galegos e crear 10.000 postos de traballo anuais no ámbito social entre 2010 e 2013”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario