8 jul 2010

100% de apoio a Moisés Blanco



Moisés Blanco Paradelo foi elixido novo presidente do Partido Popular de O Barco, no congreso local que os Populares celebraron el sábado 3 de Xullo. Os compromisarios con dereito a voto refrendaron cun 100% do seu apoio á candidatura de Moisés Blanco, que afirmou que esta nova etapa que hoxe comeza "estará protagonizada polo traballo, a dedicación e a constancia, nunha labor que desenvolveremos polo ben dos veciños de o Barco e polo futuro de todo o noso concello".O total de votos emitidos polos compromisarios foi de 173, todos a favor da candidatura de Moisés Blanco.
Moisés Blanco, actual portavoz do PP de O Barco, dixo que a situación de crise actual "require de grandes equipos, con propostas cribles, realizables e ilusionantes; e require tamén firmeza, rigor e claridade de ideas ante as importantes responsabilidades que temos por diante".
Blanco afirmou que O Barco ten ante si grandes retos, citando como exemplo as deficientes infraestruturas de comunicación que son responsabilidade do goberno socialista, "refírome a autovía que nunca chegou, ao tren de altas prestacións que nin está planificado, ou as malas conexións por autobús. O PSOE nunca pensou no futuro de O Barco, nos nosos xóvenes, nos emprendedores, nas empresas, no pequeno e mediano comercio, que nunca recibiron nin unha soa axuda que lles permita ser máis competitivos".
O novo presidente local dixo que hai que aproveitar e impulsar as potencialidades de O Barco: o viño, a pizarra, o turismo e os recursos naturais, "son algúns dos sectores que permitirán dinamizar o noso mercado de traballo e a nosa economía".
Un dos retos principais que afronta o novo PP de O Barco é a organización do partido de cara ás eleccións municipais de 2011, e o traballo de campo encamiñado a mellorar resultados e conseguir a maioría absoluta que lle permita ao PP acadar o goberno municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario