28 ene 2015

MOISÉS BLANCO TRASLÁDALLE AO DIRECTOR DE AGADIC A NECESIDADE DE QUE O BARCO TEÑA UNHA MAIOR OFERTA CULTURAL


  • O portavoz popular plantexou que O Barco poida acceder ao programa “Cinemas de Galicia” para a proxección dos títulos cinematográficos galegos máis recentes

  • Moisés Blanco tamén lembrou que “a través do ocio e a cultura é unha boa forma de seguir promocionando e impulsando o uso do galego, especialmente entre a mocidade”



O Barco de Valdeorras, 27 de xaneiro de 2015.- O Portavoz do Partido Popular de O Barco e deputado autonómico mantivo, na cidade da Cultura en Santiago, unha xuntanza con Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industriais Culturais dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



Moisés Blanco trasladoulle ao Director de AGADIC a necesidade de que en O Barco, se poida aumentar a oferta cultural a través de diferentes programas e entidades que dependen do seu departamento.



REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS

 
Así pois, o portavoz popular solicitoulle un aumento nos orzamentos da Rede Galega de Teatros e Auditorios e que deste xeito tamén se produza un incremento na programación das diferentes disciplinas: música, maxia, teatro entre outras.



CINEMAS DE GALICIA


Moisés Blanco tamén plantexou a posibilidade de que O Barco poida acceder ao programa “Cinemas de Galicia”. Unha rede de espazos públicos coa finalidade de impulsar a produción galega coa proxección dos títulos cinematográficos galegos máis recentes, así como o máis destacado do actual panorama cinematográfico europeo.



Neste sentido “destacou o traballo que desde fai xa moitos anos está a facer o Cine Clube Groucho Marx, un dos máis importantes de Galicia, e que se podería perfectamente complementar coa participación de O Barco neste programa”.





CULTURA NO CAMIÑO

 
Outra das cuestións que abordaron foi a relativa ao programa “Cultura no Camiño”, no que ademais de solicitarlle o seu mantemento, Blanco Paradelo pediulle tamén unha maior implicación tendo en conta o próximo recoñecemento oficial do Camiño de Inverno e deste xeito impulsar o seu coñecemento e promoción con concertos, teatro, danza, maxia ou novo circo.





QUE SE TEÑA EN CONTA A DISTANCIA E O DESPRAZAMENTO

 
O Portavoz Popular barquense trasladoulle a Jacobo Sutil que “no momento de establecer as diferentes programacións se teña en conta a distancia que existe entre O Barco e as cidades galegas nas que hai unha ampla oferta de ocio ou cultural, así como as dificultades para o desprazamento”.





PROMOVER O USO DO GALEGO


Moisés Blanco tamén lembrou que “a través do ocio e a cultura é unha boa forma de seguir promocionando e impulsando o uso do galego, especialmente entre a mocidade”.


Por iso tamén lle pediu que “se teña en conta a situación xeográfica de Valdeorras, como comarca limítrofe con outra Comunidade Autónoma castelán falante unicamente, e a dificultade que isto pode representar para un uso máis xeneralizado do idioma galego”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario