- O portavoz popular plantexou que O Barco poida acceder ao programa “Cinemas de Galicia” para a proxección dos títulos cinematográficos galegos máis recentes
- Moisés Blanco tamén lembrou que “a través do ocio e a cultura é unha boa forma de seguir promocionando e impulsando o uso do galego, especialmente entre a mocidade”
O
Barco de Valdeorras, 27 de xaneiro de 2015.- O
Portavoz do Partido Popular de O Barco e deputado autonómico
mantivo, na cidade da Cultura en Santiago, unha xuntanza con Jacobo
Sutil, director da Axencia Galega das Industriais Culturais
dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.
Moisés Blanco
trasladoulle ao Director de AGADIC a necesidade de que en O Barco, se
poida aumentar a oferta cultural a través de diferentes programas e
entidades que dependen do seu departamento.
REDE GALEGA DE TEATROS
E AUDITORIOS
Así pois, o portavoz
popular solicitoulle un aumento nos orzamentos da Rede Galega de
Teatros e Auditorios e que deste xeito tamén se produza un
incremento na programación das diferentes disciplinas: música,
maxia, teatro entre outras.
CINEMAS DE GALICIA
Moisés Blanco tamén
plantexou a posibilidade de que O Barco poida acceder ao programa
“Cinemas de Galicia”. Unha rede de espazos públicos coa
finalidade de impulsar a produción galega coa proxección dos
títulos cinematográficos galegos máis recentes, así como o máis
destacado do actual panorama cinematográfico europeo.
Neste sentido “destacou
o traballo que desde fai xa moitos anos está a facer o Cine Clube
Groucho Marx, un dos máis importantes de Galicia, e que se podería
perfectamente complementar coa participación de O Barco neste
programa”.
CULTURA NO CAMIÑO
Outra
das cuestións que abordaron foi a relativa ao programa “Cultura
no Camiño”, no que ademais de solicitarlle o seu mantemento,
Blanco Paradelo pediulle tamén unha maior implicación tendo en
conta o próximo recoñecemento oficial do Camiño de Inverno e deste
xeito impulsar o seu coñecemento e promoción con concertos, teatro,
danza, maxia ou novo circo.
QUE
SE TEÑA EN CONTA A DISTANCIA E O DESPRAZAMENTO
O Portavoz Popular
barquense trasladoulle a Jacobo Sutil que “no momento de establecer
as diferentes programacións se teña en conta a distancia que existe
entre O Barco e as cidades galegas nas que hai unha ampla oferta de
ocio ou cultural, así como as dificultades para o desprazamento”.
PROMOVER O USO DO
GALEGO
Moisés Blanco tamén
lembrou que “a través do ocio e a cultura é unha boa forma de
seguir promocionando e impulsando o uso do galego, especialmente
entre a mocidade”.
Por iso tamén lle
pediu que “se teña en conta a situación xeográfica de
Valdeorras, como comarca limítrofe con outra Comunidade Autónoma
castelán falante unicamente, e a dificultade que isto pode
representar para un uso máis xeneralizado do idioma galego”.