10 mar 2015

O PP BARQUENSE QUERE FOMENTAR A PARTICIPACIÓN FEMININA NO DEPORTE E EVITAR O SEU ABANDONO EN IDADES ADULTAS

 
Impulso de medidas dirixidas a mellorar a situación da muller no deporte

Resultan evidentes os avances sociais das mulleres en todos os ámbitos, pero a pesar da aparente igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, existen aínda obstáculos que dificultan a igualdade efectiva. O deporte, como actividade plenamente integrada na nosa sociedade, non é alleo a esta realidade.
A incorporación das mulleres ao deporte a nivel internacional e nacional, foi un proceso lento e custoso que aínda nos nosos días non está plenamente consolidado, en moitos casos, segue sendo un ámbito limitado á muller e xa non só a nivel de práctica ou de participación en competicións, senón tamén de representatividade nas diferentes estruturas deportivas, visibilización nos medios de comunicación, etc.
Por todo o anterior, o Grupo Municipal do Partido Popular no concello de O Barco propón a adopción do seguinte acordo:
  1. Fomentar, en todas as idades, a participación feminina nas actividades deportivas do concello para impedir o seu abandono nas idades máis novas, incorporando o principio de igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no seu deseño e execución.
  2. Instar á Xunta de Galicia a:
       a)Elaborar un Protocolo para a prevención, detección e actuación fronte ao acoso e abuso sexual no deporte.
 
       b)Establecer un marco de colaboración institucional en materia deportiva que vele pola Igualdade de trato e non discriminación da muller, así como a promoción do deporte feminino nos distintos concellos galegos.
 
      c)Promover a visibilización do deporte feminino, impulsando campañas de sensibilización e promoción, eliminando os estereotipos en colaboración coa FEGAMP.

(Moción rexeitada polo goberno municipal)


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario