28 oct 2014

O PP DE O BARCO SOLICITA A REBAIXA DO 10 POR CENTO NA TASA MUNICIPAL DO LIXO PARA O ANO 2015


  • Moisés Blanco anunciou a presentación dunha moción que se debaterá no vindeiro pleno do mes de novembro.
  • SOGAMA aplicará unha rebaixa do 10 por cento no canon que cobra os concellos, e o lóxico sería que O Barco establecese a mesma rebaixa nos recibos que pagarán os veciños e veciñas.

O Barco de Valdeorras, 27 de outubro de 2014.- O portavoz do PP de O Barco, Moisés Blanco Paradelo, acaba de anunciar que o seu grupo presentou esta mesma mañá unha moción na que solicitan ao Goberno Municipal unha rebaixa do 10 por cento no recibo da taxa de recollida do lixo que terán que pagar os veciños e veciñas para o ano 2015.

 
No texto que presentaron o populares destacan que “o Consello de Administración de Sogama vén de acordar unha rebaixa do 10 por cento no canon que cobra aos 296 concellos adheridos, que terá efecto a partir do vindeiro mes de xaneiro”.
 
Deste xeito, o “canon que Sogama repercute aos concellos pasará dos 74,64 euros actuáis por tonelada de lixo a 67,18 euros por tonelada a partir de xaneiro de 2015”.
 
O Portavoz popular lembra que “desde o pasado mes de xullo, os veciños e veciñas de O Barco pasaron a pagar máis polo recibo do lixo, logo de que o goberno deste Concello, tras iniciar unha campaña de reciclaxe e anunciar incluso posibles rebaixas si se cumprían as súas previsións, acordara unha suba desta taxa no pleno de maio”.
 
Por iso, segundo Blanco Paradelo, “tendo en conta que este incremento fora ligado a suba do canon que establecera no seu momento Sogama, e producíndose agora o anuncio da rebaixa do 10 por cento o lóxico sería que o Concello tamén aplicase a mesma rebaixa nos recibos que pagarán os barquenses o vindeiro ano 2015”.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario