3 mar 2014

O PP LAMENTA AS “MENTIRAS” DO ALCALDE DO BARCO E QUE PRETENDA TRASLADAR A RESPONSABILIDADE SOBRE A SUBIDA DO IMPOSTO DA BASURA AOS CIDADÁNS

Para o voceiro popular, Moisés Blanco Paradelo, a campaña do Concello trata de disimular “o fracaso do alcalde e vicepresidente da Fegamp nas negociacións coa Consellería de Medio Ambiente, despois de ser desautorizado polo PSOE”

  • Moisés Blanco pide que “a carta que ten pensado enviar para explicar a campaña a leve a Comisión para que poidan consensuar ideas sobre o texto” 
  • Para o voceiro popular “a verdadeira campaña é colocar mais contenedores pretos das vivendas e pedir responsabilidades a empresa se non se respecta a separación de residuos nas recollidas”


Santiago, 28 de febreiro de 2014.- O Voceiro do PP de O Barco de Valdeorras lamenta as “mentiras” do alcalde en referencia a subida do canon de Sogama e que “pretenda trasladar a responsabilidade sobre o imposto aos cidadáns, baixo veladas amezas”. Moisés Blanco Paradelo, voceiro do PP e deputado autonómico criticou así a iniciativa da alcaldía na que “supostamente trata de antepoñer un aumento na reciclaxe para que non se incremente a prezo da basura”.


Segundo Blanco Paradelo “o alcalde trata de disimular o fracaso como vicepresidente da Fegamp nas negociacións coa Consellería de Medio Ambiente, xa que nun primeiro momento indicou que o acordo era importante e permitiría aos concellos pagar a metade do previsto para o 2014 pero posteriormente foi desautorizado polo PSOE e tivo que dicir que se trataba dun modelo fracasado”.


Precisamente por romper ese acordo a entrada en vigor do canon non puido ser adiada a xullo e mitigar así o impacto no concello” indicou Blanco Paradelo “e agora o alcalde para lavar as súas culpas pretende responsabilizar aos veciños e as súas prácticas de reciclaxe deste incremento”.


Moisés Blanco solicita que a carta que ten pensado enviar aos veciños para explicar a campaña “sexa levada a Comisión para que poida consensuarse e os grupo poidan aportar ideas”.


Para o voceiro popular “a verdadeira campaña é colocar máis contenedores pretos das vivendas, xa que moitas veces a reciclaxe non se produce axeitadamente polo pouca proximidade aos mesmo, sobre todo dende os núcleos rurais”. Ademais de que, segundo Blanco Paradelo, “como xa denunciamos no seu momento é necesario pedir responsabilidades do servizo de reciclaxe xeneralizado no que respecta a separación de residuos nas recollidas, xa que a veces se recolle, por exemplo, o contenedor azul e se volca o seu contido no camión verde”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario