8 oct 2013

O PPDEG PIDE AOS SOCIALISTAS “QUE DEIXEN DE ALARMAR A POBOACIÓN DE VALDEORRAS CON INFORMACIÓNS MALINTENCIONADAS SOBRE OS SERVIZOS DO HOSPITAL COMARCAL"


O deputado do PPdeG, Moisés Blanco, indica que nunha resposta parlamentaria “a Xunta certifica que é totalmente falso que se acordase suprimir a anestesia epidural nos partos”



O PPDEG PIDE AOS SOCIALISTAS “QUE DEIXEN DE ALARMAR A POBOACIÓN DE VALDEORRAS CON INFORMACIÓNS MALINTENCIONADAS SOBRE OS SERVIZOS DO HOSPITAL COMARCAL”


Santiago, 7 de outubro de 2013.- O deputado do PPdeG Moisés Blanco Paradelo,pedíulle hoxe aos socialistas galegos e en concreto a deputada do PSdeG-PSOE Carmen Acuña do Campo, que “deixen de alarmar a poboación de Valdeorras con informacións malintencionadas sobre os servizos do Hospital Comarcal” toda vez que, nunha resposta parlamentaria “a Xunta certificou que é totalmente falso que dende a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, se acordase suprimir a anestesia epidural, no momento do parto, ás mulleres atendidas neste Hospital Comarcal”.


O deputado popular sinalou que na contestación da Xunta a unha pregunta con resposta oral formulada polos socialistas galegos indica que “feita esta precisión, é lóxico engadir que non se pode falar de discriminatorio recorte, como consecuencia da implantacións da área integrada, como fai referencia o Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE”.


Moisés Blanco reiterou que, “a pesares das acusacións infundadas socialistas o Hospital Comarcal continúa a ampliación da súa carteira asistencial, con novas consultas externas de cardioloxía, dixestivo, neuroloxía e endocrinoloxía, evitando o desprazamento dos pacientes a Ourense para ser atendidos”.


Esta maior oferta de servizos é posible grazas a unha maior coordinación entre a rede hospitalaria e de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde de Ourense” sinalou o deputado do PPdeG quen asegurou que “nós seguimos defendendo a necesidade de reforzar os servizos, especialmente dos Hospitais Comarcais, que permitan mellorar a oferta asistencial fronte aos que se limitan a facer alarmas infundadas sobre a situación sanitaria na nosa zona”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario