8 abr 2013

O PPDEG SOLICITA AO MINISTERIO DE FOMENTO APROBAR DEFINITIVAMENTE A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DA A-76 E PROCEDER A LICITAR OS PROXECTOS CONSTRUTIVOS


Os populares galegos consideran que a autovía Ourense-Ponferrada “é unha infraestrutura de gran transcendencia para a vertebración da Galicia interior” e valoran positivamente o compromiso da ministra de Fomento “incluíndoa no Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda”


O PPDEG SOLICITA AO MINISTERIO DE FOMENTO APROBAR DEFINITIVAMENTE A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DA A-76 E PROCEDER A LICITAR OS PROXECTOS CONSTRUTIVOS
  • O deputado popular Moisés Blanco Paradelo pide tamén na iniciativa a licitación dos traballos de rehabilitación estrutural e recuperación do firme na N-120 e na N-536

Santiago, 7 de abril de 2013.- Os deputados populares veñen de presentar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que instan á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para aprobar definitivamente a Declaración de Impacto Ambiental da A-76 para así definir o estudio informativo da autovía e proceder a licitar a redacción dos seus correspondentes proxectos construtivos.
O deputado popular Moisés Blanco Paradelo explica que na iniciativa se solicita que, dadas as actuais dificultades económicas e reducións orzamentarias que se están a producir, “a redacción dos proxectos dos tramos que se realicen posteriormente á Declaración Ambiental se fagan tendo en conta a eficiencia necesaria da infraestrutura e os antecedentes e incidencias na explotación da actual vía de comunicación entre O Bierzo, Valdeorras-Terras de Lemos e Ourense, que é a N-120”.



VERTEBRACIÓN GALICIA INTERIOR


Os populares galegos consideran a autovía Ourense-Ponferrada A-76 “unha infraestrutura de gran transcendencia para a vertebración da Galicia interior, constituíndo un terceiro acceso de gran capacidade desde Galicia cara Castela-León, ademais da A-6 e da A-52, e que a N-120 (Logroño-Vigo) está superada, especialmente en determinados tramos”.
A lonxitude desta autovía, en torno a 125 quilómetros, e o volume de investimentos que se estima na mesma, que superan os 1.100 millóns de euros, dan unha idea da importancia que esta infraestrutura de comunicación ten para Galicia, segundo indicou Moisés Blanco Paradelo.

Así mesmo, o PPdeG, segundo o deputado popular, únese ao manifestado polas organizacións empresariais e os concellos afectados que reclaman esta autovía, recoñecendo e valorando o compromiso da ministra de Fomento, Ana Pastor, “incluíndoa no Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda”.


REHABILITACIÓN DO FIRME NA N-120 E NA N-536


O deputado do PPdeG recoñece o “esforzo e celeridade cos que o Ministerio de Fomento resolveu os problemas plantexados na N-120 no túnel da Barosa, que permaneceu pechado para realizar unhas obras de emerxencia, e que constata a incapacidade da N-536 como vía alternativa ante o peche da N-120”.
Na iniciativa popular tamén demandan de Fomento a rápida continuación dos traballos de rehabilitación estrutural e recuperación do firme na N-120 e na N-536, cuxo proxecto figura en poder da Demarcación de Estradas do Estado en Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario